6. Predicación mundial
6. Predicación mundial
“Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes” (MATEO 24:14).
● Vaiatea vive nunha illa remota do Pacífico, no arquipélago Tuamotu. Inda que Tuamotu está formado por case 80 atois espallados por unha área de 802.900 quilómetros cadrados, ten unha poboación de só uns 16.000 habitantes. Pero as testemuñas de Xehová visitaron a Vaiatea e os seus veciños. Por que? Porque queren predicarlles as boas novas do Reino de Deus a tódalas persoas, sen importar onde vivan.
QUE DEMOSTRAN OS FEITOS? A mensaxe do Reino está chegando a tódolos recunchos do planeta. Só en 2010 as testemuñas de Xehová dedicaron máis de mil seiscentos millóns de horas a proclamar estas boas noticias en 236 países. Isto significa que, como media, cada testemuña de Xehová predicou trinta minutos ó día. Na última década produciron e distribuíron máis de vinte mil millóns de publicacións baseadas na Biblia.
OBXECCIÓN. A mensaxe da Biblia lévase predicando miles de anos.
É VÁLIDA ESTA OBXECCIÓN? É certo que moitas persoas predicaron algo sobre a mensaxe da Biblia, pero a maioría fixérono só durante pouco tempo e a unha escala limitada. Pola contra, as Testemuñas de Xehová levan a cabo unha campaña de predicación organizada a nivel mundial que chega a centos de millóns de persoas. E seguiron predicando a pesar da dura oposición que recibiron por parte dalgunhas das organizacións máis poderosas e crueis da historia (Marcos 13:13). * E inda por riba, non cobran por predicar. Dedican o seu tempo de maneira voluntaria e ofrecen as súas publicacións de xeito gratuíto. A súa obra sufrágase só con doazóns voluntarias.
TI QUE PENSAS? Estase a predicar a “Boa Nova do Reino” por todo o mundo? Podería significar o cumprimento desta profecía que nos agarda algo mellor?
[Nota]
^ par.6 Para máis información podes ver os documentais “Fieles ante las pruebas”, “Los triángulos púrpuras” e “Los Testigos de Jehová se mantienen firmes ante el ataque nazi”, distribuídos polas Testemuñas de Xehová.
[Frase destacada]
“Mentres Xehová o permita, seguiremos a predicar as boas noticias do Reino con entusiasmo, utilizando tódolos medios que temos ó noso alcance para chegar ás persoas” (ANUARIO DAS TESTEMUÑAS DE XEHOVÁ 2010).