Ir ó contido

Ir ó índice

Problemas que nos dan esperanza

Problemas que nos dan esperanza

Problemas que nos dan esperanza

“Nos días derradeiros haberá intres difíciles” (2 TIMOTEO 3:1).

PRESENCIACHES algunha vez ou escoitaches falar dalgún destes terribles sucesos?

● Unha enfermidade mortal acaba con decenas de vidas.

● Centos de persoas morren por culpa da fame.

● Un terremoto mata miles de persoas e deixa moitas máis sen fogar.

Nas seguintes páxinas analizaranse algúns datos sobre sucesos coma estes. Tamén poderás ver que a Biblia predixo que estas condicións se darían durante un período de tempo ó que se lle chama os “días derradeiros”. *

Pero o propósito destes artigos non é convencerte de que vivimos nun mundo cheo de problemas. Seguro que ti xa ves estes problemas por ti mesmo. Mais ben, o obxectivo destes artigos é darche esperanza. Demostran que o cumprimento destas seis profecías significa que os “días derradeiros” pronto han acabar. Nesta serie tamén se analizan algunhas obxeccións comúns a estas probas e proporciónanse boas razón para crer que temos algo bo por diante.

[Nota]

^ par.7 Para saber por que Deus permite que pasen estas cousas malas consulta o artigo “¿Por qué permite Dios la maldad y el sufrimiento?”, nas páxinas 16 e 17 desta revista.