“Non son do mundo”
“Non son do mundo”
“O mundo aborreceunos, pois eles non son do mundo.” (XOÁN 17:14)
Que significa? Xesús non era parte do mundo porque non interviña nas cuestións sociais e políticas do seu tempo. El explicou: “O meu reino non é deste mundo; se deste mundo fose, os meus oficiais loitarían para que ninguén me entregase ós xudeus; pero o meu reino non é de aquí” (Xoán 18:36). Tamén lles ensinou ós seus discípulos que debían rechazar actitudes e formas de falar e de comportarse que a Biblia non aproba (Mateo 20:25-27).
O exemplo dos primeiros cristiáns. Nun ensaio relixioso, o escritor Jonathan Dymond dixo dos primeiros cristiáns: “Negáronse a ir [á guerra] sen importarlles as consecuencias, sexa que fose a vergoña, o cárcere ou a morte”. Estaban dispostos a sufrir con tal de manterse neutrais. Outra cousa que os diferenciaba era a súa elevada moralidade. Por iso se lles dixo: “E así estráñanse ó ver que non corredes con eles, coma de costume, a estragar cartos e á inmoralidade, e insúltanvos” (1 Pedro 4:4). Como explicou o historiador Will Durant, “coa súa piedade e o seu decoro, [os cristiáns] constituían unha constante censura para o mundo pagán ávido de praceres”.
Quen fai o mesmo na actualidade? Con respecto á neutralidade cristiá, a New Catholic Encyclopedia afirma que “a obxección de conciencia non ten xustificación dende o punto de vista moral”. Un artigo do diario Reformierte Presse baseado nun informe da organización de dereitos humanos African Rights, sinala que tódalas igrexas, “a excepción das testemuñas de Xehová”, participaron en 1994 no xenocidio de Ruanda.
Falando sobre o Holocausto nazi, un profesor de educación secundaria superior lamentábase de que “ningún grupo ou organización cidadá denunciase as innumerables mentiras, o trato cruel e as posteriores atrocidades que se cometeron”. Pero logo de asesorarse co Museo Conmemorativo do Holocausto dos Estados Unidos, escribiu: “Agora sei que non foi así”. Descubriu que, a pesar do trato que recibiron, as testemuñas de Xehová mantivéronse firmes nos seus principios.
E en cuestións de moralidade, quen está a imitar o exemplo dos primeiros cristiáns? “A maioría dos mozos adultos católicos rechazan os ensinos eclesiásticos sobre a convivencia [e] as relacións sexuais antes do matrimonio”, indica a revista U.S. Catholic. Despois, esa mesma revista cita a un diácono que dixo: “Unha gran porcentaxe das persoas ás que axudo —eu diría que máis do 50%— xa viven coa súa parella cando veñen casar”. Por outro lado, segundo The New Encyclopædia Britannica as testemuñas de Xehová “empéñanse en manter unha elevada conduta moral”.