Demostran as profecías mesiánicas que Xesús foi o Mesías?
O que di a Biblia
Si. Cando estivo na Terra, Xesús cumpriu moitas profecías sobre “o Mesías, o Líder”, quen chegaría a ser o “salvador do mundo” (Daniel 9:25, TNM; 1 Xoán 4:14). Mesmo despois da súa morte, Xesús continuou cumprindo outras profecías mesiánicas (Salmo 110:1; Feitos 2:34-36).
Que significa “Mesías”?
O termo hebreo Maxíah (Mesías) e o seu equivalente en grego Kjristós (Cristo) significan “unxido”. Polo tanto, “Xesucristo” significa “Xesús o Unxido” ou “Xesús o Mesías”.
En tempos bíblicos, cando se escollía unha persoa para un posto de autoridade, adoitábase unxilo botándolle aceite sobre a cabeza (Levítico 8:12; 1 Samuel 16:13). Xesús foi escollido por Deus para ser o Mesías, unha posición de moita autoridade (Feitos 2:36). Pero, en vez de unxilo con aceite, Deus unxiu a Xesús con espírito santo (Mateo 3:16).
Podería máis dunha persoa cumprir as profecías mesiánicas?
Non. Ó igual que unha pegada dactilar só identifica unha persoa, o cumprimento das profecías da Biblia só sinalan un Mesías ou Cristo. Pero a Biblia advertiu: “Aparecerán falsos Mesías e falsos profetas, que farán grandes sinais e prodixios para desorienta-la xente, e, se fose posible, incluso os mesmos elixidos” (Mateo 24:24).
Podería aparecer o Mesías no futuro?
Non. A Biblia predixo que o Mesías sería un descendente do rei David de Israel (Salmo 89:4, 5 [89:3, 4, TNM]). Pero os rexistros xenealóxicos dos descendentes do rei David perdéronse. Parece ser que foron destruídos cando os romanos conquistaron Xerusalén no ano 70 n. e. a A partir dese momento xa non sería posible que ninguén demostrase ser descendente da familia do rei David. Pola contra, aínda que eses rexistros estaban dispoñibles no tempo de Xesús, ningún dos seus inimigos puxo en dúbida que fose descendente de David (Mateo 22:41-46).
Cantas profecías mesiánicas hai na Biblia?
Non é posible dicir con exactitude o número de profecías mesiánicas que hai na Biblia. A maneira de contar as profecías pode variar incluso en partes da Biblia que claramente se refiren ó Mesías. Por exemplo, Isaías 53:2-7 menciona varios detalles proféticos que se terían que cumprir no Mesías. Algunhas persoas poderían contar todo o relato como unha soa profecía, mentres que outras poderían contar cada detalle como unha profecía diferente.
Algunhas profecías mesiánicas que se cumpriron en Xesús
Feito |
Profecía |
Cumprimento |
---|---|---|
Descendente de Abraham |
Xénese 22:17, 18 |
|
Descendente de Isaac, fillo de Abraham |
Xénese 17:19 |
|
Da tribo israelita de Xudá |
Xénese 49:10 |
|
Descendente do rei David |
Isaías 9:6 (9:7, TNM) |
|
Fillo dunha virxe |
Isaías 7:14 |
|
Naceu en Belén |
Miqueas 5:1 (5:2, TNM) |
|
Chamado Emmanuel b |
Isaías 7:14 |
|
Tivo comezos humildes |
Isaías 53:2 |
|
Asasinaron a nenos despois do seu nacemento |
Xeremías 31:15 |
|
Foi chamado para saír de Exipto |
Oseas 11:1 |
|
Foi coñecido como nazareno c |
Isaías 11:1 |
|
Precedeuno un mensaxeiro |
Malaquías 3:1 |
|
Unxido como Mesías no ano 29 n. e. d |
Daniel 9:25, TNM |
|
Recoñecido por Deus como o seu Fillo |
Salmo 2:7 |
|
Tivo celo pola casa de Deus |
Salmo 69:10 (69:9, TNM) |
|
Predicou as boas noticias |
Isaías 61:1 |
|
A súa predicación en Galilea foi coma unha gran luz |
Isaías 8:23—9:1 (9:1, 2, TNM) |
|
Fixo milagres, igual que Moisés |
Deuteronomio 18:15 |
|
Falou de parte de Deus, igual que Moisés |
Deuteronomio 18:18, 19 |
|
Curou moitos enfermos |
Isaías 53:4 |
|
Non tratou de ser o centro de atención |
Isaías 42:2 |
|
Mostrou compaixón polos que sufrían |
Isaías 42:3 |
|
Ensinou a xustiza de Deus |
Isaías 42:1, 4 |
|
Foi un moi bo conselleiro |
Isaías 9:5, 6 (9:6, 7, TNM) |
|
Deu a coñecer o nome de Xehová |
Salmo 22:23, SBG (22:22, TNM) |
|
Ensinou con exemplos |
Salmo 78:2 |
|
Foi un líder |
Daniel 9:25 |
|
Moitos non creron nel |
Isaías 53:1 |
|
Foi unha pedra de tropezo |
Isaías 8:14, 15 |
|
Rechazado polos humanos |
Salmo 118:22, 23 |
|
Odiado sen motivo |
Salmo 69:5 (69:4, TNM) |
|
Aclamado ó entrar en Xerusalén sobre un burro |
Zacarías 9:9 |
|
Louvado polos nenos |
Salmo 8:3 (8:2, TNM) |
|
Veu no nome de Xehová |
Salmo 118:26 |
|
Traizoado por un amigo |
Salmo 41:10 (41:9, TNM) |
|
Traizoado por trinta moedas de prata e |
Zacarías 11:12, 13 |
|
Os seus amigos abandonárono |
Zacarías 13:7 |
|
Acusárono falsas testemuñas |
Salmo 35:11 |
|
Quedou calado fronte ós seus acusadores |
Isaías 53:7 |
|
Cuspíronlle |
Isaías 50:6 |
|
Golpeárono na cabeza |
Miqueas 4:14 (5:1, TNM) |
|
Azoutárono |
Isaías 50:6 |
|
Non se defendeu cando o golpearon |
Isaías 50:6 |
|
Gobernantes conspiraron contra el |
Salmo 2:2 |
|
Cravárono de mans e pés a un madeiro |
Salmo 22:17 (22:16, TNM) |
|
Botaron ás sortes a súa roupa |
Salmo 22:19 (22:18, TNM) |
|
Foi contado cos malvados |
Isaías 53:12 |
|
Foi insultado e desprezado |
Salmo 22:8, 9 (22:7, 8, TNM) |
|
Estivo disposto a sufrir polos pecadores |
Isaías 53:5, 6 |
1 Pedro 2:23-25 |
Parecería que Deus o abandonou |
Salmo 22:2 (22:1, TNM) |
|
Déronlle de beber vinagre mesturado con fel |
Salmo 69:22 (69:21, TNM) |
|
Tivo sede antes de morrer |
Salmo 22:16 (22:15, TNM) |
|
Confiou o seu espírito a Deus |
Salmo 31:5 (31:6, TNM) |
|
Entregou a súa vida |
Isaías 53:12 |
|
Proporcionou o rescate para quitar o pecado |
Isaías 53:12 |
|
Non lle romperon ningún óso |
Salmo 34:21 (34:20, TNM) |
|
Foi traspasado |
Zacarías 12:10 |
|
Enterrárono coma un rico |
Isaías 53:9 |
|
Foi resucitado |
Salmo 16:10, SBG |
|
O seu traidor foi substituído |
Salmo 109:8 |
|
Sentouse á dereita de Deus |
Salmo 110:1 |
a A Cyclopedia de McClintock e Strong di: “É case seguro que os rexistros das tribos e familias xudías desapareceron na destrución de Xerusalén, e non antes”.
b O nome hebreo Emmanuel significa “Deus connosco” e describe moi ben o papel de Xesús como Mesías. A súa presenza e o que fixo na Terra demostraron que Deus está cos que o adoran (Lucas 2:27-32; 7:12-16).
c Ó parecer, o termo nazareno vén da palabra hebrea nétser, que significa “gromo”.
d Se queres coñecer máis detalles sobre a profecía da Biblia que predicía que o Mesías aparecería no ano 29 n. e., mira a nota 2 “Cando aparecería o Mesías?” do libro Desfruta da vida para sempre!, publicado polas testemuñas de Xehová e dispoñible en jw.org.
e Aínda que esta profecía aparece no libro de Zacarías, o escritor bíblico Mateo dixo que o “deixara escrito o profeta Xeremías” (Mateo 27:9). Parece ser que o libro de Xeremías se situaba ás veces de primeiro na sección das Escrituras chamada “os Profetas” (Lucas 24:44). Ó parecer, Mateo usou o nome “Xeremías” para referirse a todo este conxunto de libros, o que inclúe o libro de Zacarías.