Galería de fotos das obras en Warwick (setembro a decembro de 2014)
A seguinte galería de imaxes mostra os progresos realizados entre setembro e decembro de 2014 na construción da nova sede central das Testemuñas de Xehová nos Estados Unidos.
11 de setembro de 2014. Aparcadoiro para visitantes
Montaxe da estrutura de aceiro para o tellado do edificio de vivendas C.
18 de setembro de 2014. Terreos de Warwick
Vista do Sterling Forest Lake (Blue Lake), ó norte, tomada desde o sur da propiedade. Ata trece grúas estiveron realizando distintos traballos ó mesmo tempo. En primeiro plano, botando a cimentación do edificio de vivendas B.
26 de setembro de 2014. Edificio de oficinas e servizos
Columnas e vigas de aceiro preparadas para a súa instalación. A estrutura de aceiro empregada no edificio de oficinas e servizos permite que haxa grandes espazos abertos, así como cumprir con prazos de tempo moi axustados.
9 de outubro de 2014. Terreos de Warwick
Ensamblaxe das estruturas de aceiro para o tellado do edificio de vivendas C. Estas estruturas van cubertas con pranchas metálicas e unha lámina resistente á auga. Detrás, á esquerda, construción dunha das metades destas estruturas.
15 de outubro de 2014. Edificio de oficinas e servizos
Empresas externas instalan vigas de aceiro na esquina suroeste deste edificio. Esta parte do edificio albergará a cociña, o comedor, a lavandaría e outros departamentos auxiliares.
15 de outubro de 2014. Terreos de Warwick
Danlle un cepillo a un traballador que está instalando os sumidoiros.
20 de outubro de 2014. Terreos de Warwick
Este muro de probas construíuse para decidir as cores e os acabados, e para facer prácticas de colocación de ladrillos. Ademais, tamén se utilizou para dar formación ós albaneis que ían chegando. Como se ve nesta fotografía, unha vez cumprido o seu propósito, procédese ó seu derribo.
31 de outubro de 2014. Edificio de vivendas C
Unha grúa coloca a estrutura de medio tellado. Nos extremos de cada edificio instalaranse tellados a dúas augas, que suavizan o efecto visual dos edificios vistos dende certa distancia.
7 de novembro de 2014. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes
Colocación dun tanque de gasóleo de 95.000 litros de capacidade para as caldeiras.
12 de novembro de 2014. Edificio de vivendas C
Vista da cara sur do edificio. Na marxe dereita da foto, vista do Blue Lake. A fin de realzar a apariencia externa destes edificios, escolléronse varias tonalidades e acabados.
21 de novembro de 2014. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes
Un matrimonio de fontaneiros instalando os desaugadoiros antes de que se bote o chan.
28 de novembro de 2014. Edificio de oficinas e servizos
Quitando neve dun tellado.
1 de decembro de 2014. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes
Outra parella consultando os planos da instalación da fontanaría.
10 de decembro de 2014. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes
Mentres cae a neve, procédese á escavación, ó encofrado e a botar o formigón. Na esquina superior esquerda da fotografía, unha zona do edificio de oficinas e servizos recúbrese cunha lona plástica reforzada a fin de levar a cabo traballos durante o inverno que precisan dunha temperatura controlada, tales como botar o formigón e proceder ó illamento ignífugo.
12 de decembro de 2014. Edificio de vivendas D
Aplicación dunha barreira de vapor á parte exterior do edificio antes de proceder á instalación dos paneis de revestimento.
15 de decembro de 2014. Terreos de Warwick
Vista aérea mirando cara ó oeste. Na parte superior da imaxe, os edificios de vivendas. O gran edificio branco que se ve no centro é o edificio de oficinas e servizos. O complexo de edificios ocupará menos de vinte das aproxidamente cen hectáreas da superficie total do terreo, deixando o bosque veciño inalterado.
15 de decembro de 2014. Terreos de Warwick
Vista aérea mirando cara ó leste. Na parte inferior da imaxe, edificios de vivendas C e D. Traballadores de empresas externas colocando paneis metálicos para rematar a instalación do tellado a dúas augas.
25 de decembro de 2014. Edificio de vivendas C
Un carpinteiro colocando solo laminado nunha habitación modelo. En cada unha das habitacións dos edificios de vivendas instalarase un dos catro acabados escollidos. Cada acabado inclúe a cor da pintura, a moqueta, o solo laminado, os azulexos, e demais superficies.
31 de decembro de 2014. Edificio de oficinas e servizos
Rematando de botar o chan a man; deste xeito conséguese darlle a inclinación adecuada para a súa drenaxe.
31 de decembro de 2014. Edificio de vivendas C
Un técnico de 77 anos de idade instala cable multifío de fibra óptica. Cando o proxecto remate, haberá 32 km deste cable percorrendo as instalacións.